Superadas as dificultades e atrancos provocados polo coronavirus e o confinamento, poidemos rematar o Concurso XXIX de Ciencias Sociais – Maratón de Preguntas.
Informamos que a recollida de premios do XXIX Concurso Ciencias Sociais, dado que non se celebrou o acto de entrea, será na portería onde os premiados e premiadas poderán recoller o sobres cos diferentes premios.
So temos palabras de agradecemento para o alumnado (e familias) que, contra vento e marea, participastes no Concurso e fixestes posible que as circunstancias vividas neste final de curso non impedisen que, un ano máis, poidesemos disfrutar do labor investigador nesas disciplinas da Historia, Xeografía e Arte.
Tamén agradecer especialmente dende o Departamento de Ciencias Sociais á ANPA. Non so financia o Concurso senón que fai posible coa súa predisposición e axuda chegar a bo porto.
Como ven sendo habitual, houbo unha gran porcentaxe de acertos, mesmo nas preguntas máis complicadas. Os participantes na categoría Filípides/Fran Maudes, correron eses cuarenta e dous kilómetros e pico (231 preguntas) para, no caso de Ana Diz Ferreira e Luis García Remesar, acadar case o pleno: Ana fallou a do estadio de fútbol situado a maior altitude do mundo según a FIFA (Daniel Alcides) e Luis a decoración pictórica dun manuscrito (iluminación).
Noraboa a todos e todas e agardamos celebrar como se merece o Concurso Maratón na súa 30 edición no 2021, libre de pandemia, contando coa vosa presenza.
Relación de Premiados
Solucións 4º ESO e Bach
Solucións 1º, 2º, 3º ESO
Solucións Primaria