info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Ofertamos varios campamentos en época estival, rematado o curso. Conscientes da necesidade de aportar alternativas de ocio aos nenos durante as épocas de vacacións, nas amplas instalacións do colexio Apóstol Santiago de Vigo, Global Project organiza un campamento de semanas ou mes completo 100% en inglés. Cada semana iremos de vacacións a distintos destinos (ao mar, á montaña, en cruceiro, a acampada…).
Contamos cun campo de fútbol, zonas deportivas e un amplo espazo exterior para desenvolver proxectos, xogos acuáticos e outros entretementos para unha divertida inmersión natural na lingua inglesa.

Ademais, desde o colexio ofrecemos un campamento deportivo cun programa de actividades que permite ao alumnado adestrar o deporte seleccionado, realizar outros deportes, facer unha saída para practicar surf… e outras actividades sempre adaptadas á idade de cada grupo e acompañados e guiados sempre por adestradores e monitores do Colexio Apóstol.

Esta é a nosa oferta de campamentos para o verán 2025:

Campamento en inglés

Campamento deportivo