XUSTIFICACIÓN
Dentro da aposta do Centro por recoller todas as inquedanzas das familias respecto á crianza dos seus fillos, xorde esta oferta de escola de familias. O proxecto Escola de Familias nace por tanto coa finalidade de xerar espazos de aprendizaxe e apoio onde as familias poden adquirir ferramentas para o desenvolvemento dos fillos, fortalecer a comunicación familiar e promover o desenvolvemento integral dos nenos. A natureza deste proxecto é que funcione como unha ferramenta flexible, que poida deseñarse e/o adaptarse segundo os requirimentos e preferencias das familias asistentes e necesidades que vaiamos descubrindo como Comunidade Educativa.

OBXECTIVOS
O obxectivo principal é crear un espazo de formación para familias baseado na nosa pedagoxía e espiritualidade ignaciana, potenciando “valores do Evanxeo” (que ás veces poden ser contraculturais, pero máis necesarios que nunca). Os obxectivos específicos que se pretenden alcanzar con este proxecto son os seguintes:

  • Fortalecer as habilidades como pais.
  • Mellorar a comunicación familiar.
  • Fomentar a participación activa dos pais na educación dos seus fillos.
  • Crear unha contorna de apoio mutuo entre as familias.

TEMPORALIZACIÓN
O encontro levarase a cabo un xoves ao mes na aula multifuncional do colexio (nalgúns momentos a hora será modificada segundo os relatores).

RECURSOS PERSOAIS
Actualmente, a organización do proxecto está en mans de Carmen Cendón, Fernando Gálligo SJ e Agustín Couto. Puntualmente acudirán ás reunións outros profesionais como profesorado do centro, antigos alumnos, psicólogos especializados, que desenvolverán a dinámica de cada sesión.

 
Data TEMA
5 OUTUBRO Fe e Familia
 2 NOVEMBRO Diversidade familiar
14 DECEMBRO Resolución de conflitos
25 DE XANEIRO Educación en valores ¿Vivir por AMOR?
22 FEBREIRO Crianza respectuosa
14 MARZO Saber xestionar as emocións dos meus fillos
25 ABRIL Alimentación sa
23 MAIO Normas e límites
Calquera cambio de data comunicarase con antelación a través da web e das nosas RR.SS.
Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt