Cronoloxía

Un Colexio e unha historia. 150 anos servindo a Galicia

Algúns datos históricos que nos axudan a comprender mellor o presente

1872 - 1950

O P. Tomás Gómez funda o Colexio no Pazo de Ancéis (A Coruña).

 

1875 – O P. Tomás Gómez traslada o Colexio a un terreo edificable de Camposancos (A Guarda). Alí mesmo nace un pequeño Seminario e un centro Universitario, que, evolucionando, se convertirán na Universidade de Comillas e a Universidade de Deusto, respectivamente.

 

1916 – O Colexio ven a Vigo, edificio de ‘la Molinera’. Adquírese a finca de Bellavista, onde se instalan las Preparatorias; ahí estuvo Camilo José Cela os dos cursos seguintes.

1928 – Inaugúrase o edificio do novo colexio en Bellavista, obra do arquitecto vigués José Franco Montes, e trasládanse todos os cursos dende La Molinera. Este curso ten 241 alumnos, a metade son internos, e a outra metade, de familias de Vigo.

1932 – O Goberno da República decreta a disolución das comunidades da Compañía de Xesús. O colexio é incautado. Como faltan cinco meses para acabar o curso, por ese tempo trasládanse as clases a uns pisos alquilados na rúa Areal de Vigo. Neste tempo son profesores dúas figuras destacadas da cultura galega: o poeta Xosé Manoel Cabada y o humanista Xesús Ferro Couselo. O edificio do colexio pasa a ser Instituto de Segunda Ensinanza e, posteriormente, hospital militar durante a guerra civil e ata 1940. O colexio, cos seus alumnos e profesores, emigra ó desterro de Entre-os-ríos e Curía (Portugal).

 

1936 – Regresa a España, pero ten que instalarse provisionalmente nos hoteis de Mondariz Balneario.

1940 –Rematada a guerra civil, o novo goberno suspende o decreto da II República sobre os xesuítas e lles son restituídos os bens incautados. O Colexio Apóstol regresa a Teis; son 530 alumnos, principalmente internos. Por esixencia de demanda de prazas ao longo destes anos, acrecenta os seus servizos e renóvase profundamente. Créanse tamén neste ano as Escuelas de San Ignacio, en edificios situados fronte ao colexio e propiedade do mesmo, na actual rúa Sanjurjo Badía. Son escolas gratuitas, a elas poden tener acceso alumnos de calquera condición económica. O P. Nemesio Encinas será por moitos anos alma e corazón deste segundo colexio. A súa fama e cariño exténdese por todo o barrio de Teis.

1950 - 2000

1

954 – Inaugúrase o edificio da igrexa, construido con planos do vigués Antonio Cominges. Ten porta á rúa Sanjurjo Badía e a súa construccción obriga a remodelar toda a entrada ó colexio.

1955 – Publícase a novela xuvenil “La vida sale al encuentro”, de José Luis Martín Vigil, antigo profesor do colexio. Os protagonistas e a acción pertencen a este colexio de Bellavista e durante unha década será a novela que len todos os adolescentes españois.

 

1970 – A Igrexa do colexio covértese en parroquia
1971 –Despois dun siglo, desaparece o internado. Os alumnos do Apóstol serán en adiante únicamente de Vigo e lugares próximos. Nos anos seguintes incrementarase progresivamente a afluencia de alumnos do barrio. Este é o primeiro curso no que asiten rapazas ó Colexio : 58 alumnas en C.O.U.
1973 –As “Escuelas de San Ignacio” intégranse no Colexio Apóstol e desaparece aquela segunda institución.

 

1978 – Incorpóranse as primeiras alumnas en B.U.P.: 24 rapazas comienzan 1º de B.U.P.

1980 – Visita o Colegio, no mes de xullo, eo P. Pedro Arrupe, P. Xeral da Compañía de Xesús. Por primeira vez na súa historia os cidadáns que elixen este Colexio para educar aos seus fillos no nivel obrigatorio, reciben unha axuda económica da Administración Pública.

1984 – Celébranse no noso Colexio as XV Xornadas Educativas de Centros da Compañía de Xesús en España.

1985 –O 6 de outubro, o Papa Xoán Pablo II beatifica ó Irmán Francisco Gárate (1857-1929), que foi enfermero no noso Colexio en A Guarda dende 1877 a 1888.

1989 – O novo P. Xeral dos xesuítas, P. Kolvenbach estivo un par de días no Colexio durante o verán. Puido recorrelo e admirar a súa privilexiada situación.

1990 – En setembro deste ano rexístrase a maior matrícula na historia do Colexio: 2.141 alumnos.

1994 – Ábrese o paso ó Colexio a rapazas dende Infantil e Primaria: a primeira alumna que consta como admitida para este curso 94-95, é Angela Barros Santos. O 21 de xaneiro preséntase oficialmente o libro do P. Evaristo Rivera “Colegio Apóstol Santiago. Historia de una peregrinación“.

1997 – Conmemoracion do CXXV Aniversario do nacemento do Colexio. Preside a inauguración o Presidente da Xunta, D. Manuel Fraga Iribarne. O Ministro de Sanidade, antigo alumno do Colexio, D. José Manuel Romay Becaría, descobre unha placa conmemorativa, ofrecida polos Antigos Alumnos.

1998 – O Concello de Vigo concede ao Colexio a Medalla da Cidade. O Superior da Comunidade de Xesuítas, o santanderino P. Emilio Vega, agradece o galardón cun breve e emotivo discurso en galego.

1999 –Neste curso son mixtos todos os cursos do Colexio: arredor de 1.600 alumnos e alumnas.

2000 - Actualidade

2000 – O Colexio obtén o Concerto Pleno coa Consellería de Educación: o ensino é gratuito nos niveis concertados(de 6 a 16 años); lógrase un obxectivo importante para o noso Proxecto Educativo.

2001 – Remate da implantación da LOXSE no Colexio.

2003 – Conmemoración do 75º aniversario do establecemento do Colexio Bellavista.

2007 – Otórgaselle ó Colexio o selo de EXCELENCIA EUROPEA 400+, Modelo EFQM de Excelencia, polo seu sistema de xestión.+

2009 – Remate da implantación da LOE no Colexio.

2009 – 2010 – María Alonso convírtese na primeira muller directora do Colexio Apóstol Santiago, cargo que ocupou ata o ano 2015.

2013 – Admisión do Colexio na Rede de Centros Plurilingües da Xunta de Galicia. Implantación do Programa BEDA, nivel 2.

2015 – Iván Mirón, actual director xeral do Colexio, sustitúe a María Alonso no cargo.
2016 -2017 Celebración dos 100 anos da chegada a Vigo do Colexio.

2018 – Remodelación do pavillón polideportivo.

2019- Novo campo de fútbol de herba sintética.

2021 – Innovación, implantación do programa EDIXGAL, do Bacharelato Dual Americano e creación da Aula Multisectorial para educación Infantil.

2022 – Alberto Remeseiro é nomeado Director Xeral do Colexio.

2022 – 2023 – Celebración do 150º aniversario do Colexio Apóstol Santiago.

O Colexio hoxe

O noso Colexio Apóstol Santiago, centro establecido e dirixido pola Compañía de Xesús dende 1872, aspira a ser unha Comunidad Educativa Cristiá para servizo de Galicia e na que actualmente fórmanse cerca de 1.600 alumnos, dende os primeiros niveis de ensino ata bacharelato. Existe coeducación en todos os cursos do Colexio.

Na actualidade ocupa un amplio recinto de 50.000 m2 con catro edificios: xunto á igrexa, o primitivo, que hoxe alberga dende os máis pequenos ata a Educación Secundaria; o ‘pabellón do bosque’, tradicionalmente de B.U.P. é onde residen os dous cursos dos ‘maiores’ e 4º da ESO; e o da entrada principal: recepción, secretaría e administración, biblioteca, salón de actos, comedor, e nos pisos superiores ten a súa residencia a Comunidade de Xesuítas. O Colexio tamén se extende en diferentes campos deportivos e uns 4.000 m2 de bosque con especies arbóreas verdaderamente notables. Todo o conxunto aséntase na populosa barriada de Teis, xunto á Igrexa Parroquial, rexentada asimesmo pola Compañía de Xesús.

Así, o recreo e as actividades deportivas desenvólvense nun campo de fútbol de herba sintética de dimensións regramentarias e en dous extensos patios nos que se poden levar a cabo xogos e competicións de todo tipo, así como dous campos regramentarios de baloncesto. Unhas canchas cubertas de 2.500 m2 e con luz artificial,  completan as instalacións deportivas, nas que se “traballa” duramente ao longo de toda a xornada e ata ben entrada a noite. Un pequeno parque infantil alegra todo e contorno coas súas bulliciosas voces.

ESTATÍSTICA DO ALUMNADO DO COLEXIO

Curso 2024 – 2025

0
Infantil
0
Primaria
0
ESO
0
Bacharelato
0
Infantil
0
Primaria
0
ESO
0
Bacharelato
Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt