info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

O colexio conta con una cociña propia, onde tódolos días prerárase a comida para alumnos e profesores. A empresa SODEXO é a encargada de preparar a comida así como de realizar a limpeza do menaxe e das dependencias do comedor escolar.

Toda a comida é cociñada no propio Centro, e fanse menús adaptados ás diferentes alerxias e intolerancias dos nosos alumnos.

Os alumnos que usen o servizo de comedor serán atendidos en todo momento por 6 monitores ademais do propio servizo de cociña.

O colexio dispón dun conxunto de normas de uso de comedor, que estará a disposición a principios de curso na plataforma de comunicación coas familias.

O menú mensual xeral, así como os específicos según alerxias, ponse mensualmente a disposición de todos os pais e nais na plataforma de comunicación con familias.

As familias que desexen facer uso do servizo de comedor en días fixos da semana, faranno mediante a FICHA DE INSCRICIÓN, e mediante ALEXIA, o mes completo.

Para facer un uso esporádico do comedor, deben enviar un mail a comedor@colegioapostol.com, antes das 10 da mañá do día que farán uso do comedor, indicando o nome, apelidos e curso do/a alumno/a.

Deberase avisar de calquera cambio antes do día 20 do mes anterior ao cambio, tanto sexa alta, baixa, inscricion mediante Alexia ou con ficha de inscrición.

Para calquera dúbida ou suxestión que desexe facer pode contactar connosco no enderezo: comedor@colegioapostol.com

TUTORIAL DE REXISTRO
FICHA PARA CAMBIO DOMICILIACIÓN BANCARIA
BAIXA DO SERVIZO DE COMEDOR