O seu horario será de 7:30 ata o inicio das clases, e poderán solicitar servizo de almorzo durante a custodia na aula de madrugadores.
Para deixar ós nenos e nenas na aula de madrugadores no horario establecido, está permitido facer uso do parking dianteiro (Sanjurjo Badía) ata as 8:45h. no horario de inverno, e ata as 8:30h. no de verán. A partir de esa hora, o acceso ao parking dianteiro está restrinxido a persoas autorizadas.
Dado que o acceso ao parking péchase 15 minutos antes do inicio das clases, soamente poderá accederse de forma peatonal nese período de tempo á aula de madrugadores.
As familias que vaian utilizar o servizo de madrugadores mes completo deben facer a solicitude mediante Alexia e por días soltos, deberán cubrir un vale no momento de deixar o/a neno/a. Non é necesario avisar con anterioridade.
Deberase avisar de calquera cambio antes do día 20 do mes anterior ao cambio, tanto sexa alta, baixa, inscricion mediante Alexia ou con ficha de inscrición.
TUTORIAL DE REXISTRO
FICHA PARA CAMBIO DOMICILIACIÓN BANCARIA
COMUNICADO DE BAIXA DO SERVIZO