O Departamento de orientación está formado por un conxunto de profesores, psicólogos, psicopedagogos e especialistas en audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica.
As tarefas fundamentais deste departamento cos nenos son dous:
Accións dirixidas a mellorar o proceso de ensino/aprendizaxe.
Accións que teñen como finalidade axudar aos alumnos na súa toma de decisións e nas saídas durante e unha vez terminada a ESO, orientación a ciclos formativos ou graos universitarios.
En canto ás funcións do departamento co resto de profesores, a función principal é a de servir de axuda e de apoio no proceso de ensino (metodoloxía, secuenciación,programación, instrumentos de avaliación…)
Traballamos para ser un centro inclusivo no que cada neno desenvolva as súas potencialidades de maneira óptima.
A Coordinadora do Departamento de Orientación é Carmen Cendón Chapela.