Comedor Escolar

 In

O colexio conta con una cociña propia, onde tódolos días prerárase a comida para alumnos e profesores. A empresa SODEXO é a encargada de preparar a comida así como de realizar a limpeza do menaxe e das dependencias do comedor escolar.

Toda a comida é cociñada no propio Centro, e fanse menús adaptados ás diferentes alerxias e intolerancias dos nosos alumnos.

Os alumnos que usen o servizo de comedor serán atendidos en todo momento por 6 monitores ademais do propio servizo de cociña.

O colexio dispón dun conxunto de normas de uso de comedor, que estará a disposición a principios de curso na plataforma de comunicación coas familias.

O menú mensual xeral, así como os específicos según alerxias, ponse mensualmente a disposición de todos os pais e nais na plataforma de comunicación con familias.

As familias que desexen facer uso do servizo de comedor deberán descargar da web a FICHA DE INSCRICIÓN e entregala en Secretaría antes do día 20 do mes anterior ao que van utilizar o servizo por primeira vez ou enviala por mail a comedor@colegioapostol.com

As baixas no servizo, deben comunicarse en Secretaría antes do día 20 do mes anterior ao que van causar baixa no servizo ou enviar un aviso (FICHA BAIXA)por mail a comedor@colegioapostol.com

Para calquera dúbida ou suxestión que desexe facer pode contactar connosco no enderezo: comedor@colegioapostol.com

FICHA PARA CAMBIO DOMICILIACIÓN BANCARIA

Recent Posts
Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt