O alumnado do noso Colexio consigue casi pleno nas probas da ABAU. Dos 117 estudantes matriculados en 2º Bacharelato, presentáronse as probas 105 e aprobaron 104 na convocatoria de xuño.
A estes datos, temos que engadir que 20 alumnos e alumnas do noso centro conseguiron o premio de “Mellores Expedientes do curso 23-24”. O venres, día 21 de xuño, ás 11:30 horas, terá lugar o acto de recoñecemento, MEGABAU 2024, no Coliseum da cidade da Coruña.
Parabéns ao noso alumnado por estes bos resultados académicos, ás súas familias e tamén á comunidade Educativa do Colexio. Unha magnífica noticia coa que rematar este curso 23-24 e desexarvos un feliz e merecido descanso estival.

99% de aprobados na ABAU2024-06-172024-06-17https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2021/11/colexio-xesuitas-vigo-logo-horizontal.pngColexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigohttps://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2024/06/99-de-aprobados-na-abau.jpg200px200px