Oferta de campamentos de verán 2020 no Colexio

O Colexio informa da oferta de campamentos que vos propoñemos, entre o 29 de xuño e o 31 de xullo, de luns a venres, en horario de mañá. O Campamento Deportivo 2020 organizado desde as Paraescolares do Apóstol, está orientado a Educación Infantil e Primaria (3 a 12 anos), e contará con monitores e adestradores das distintas actividades do Colexio. Podedes apuntarvos por ALEXIA, e o prazo remata o 18 de xuño. Serán 5 quendas dunha semana cada unha e o horario, de 9:00 h a 14.00 h. Máis info aquí Achegámosvos o cartel con información do campamento que a escola de tempo libre Xaruma ofrece nas instalacións do Colexio, orientado a Educación Primaria, e que contará cunha chea de actividades divertidas e motivantes para que gocen do seu tempo libre dunha maneira nova e imaxinativa neste período vacacional. Para máis información e inscricións podedes visitar a web de Xaruma