O NOSO PROXECTO EDUCATIVO

INFANTIL E PRIMARIA

INFANTIL

METODOLOXÍA

• Aprendizaxe a través de centros de interese: temas motivadores para os nosos alumnos que nos permitan unha profundización e investigación (o espazo, o noso corpo….)

Lectoescritura, respectando os ritmos madurativos e traballándoos como unha aventura que nos vai a abrir un mundo de posibilidades (o noso obxectivo é o formar futuros bos lectores)

O noso alumnado é o protagonista do seu proceso de aprendizaxe (encargado do día, asamblea, recursos desde casa e explicación aos nosos compañeiros)

A importancia da experiencia:
• Talleres de matemáticas manipulativas, psicomotricidade fina, estimulación da linguaxe
• Saídas e excursións enmarcadas en proxectos e centros de interese (imos ao mercado, vila romana, museo do mar, castelo de Soutomaior…)

• A aprendizaxe ten que ser un descubrimento e por tanto debe de ser sorprendente e motivador, sempre partindo dos seus coñecementos previos e construíndo)
• Nosas instalacións, ao servizo da aprendizaxe (bosque, aulas de psicomotricidade, laboratorios, aulas que fomentan a aprendizaxe e a autonomía)

Psicomotricidade:
Nesta etapa o corpo é clave nas aprendizaxes, unha boa coordinación e lateralidad son uns cimentos moi importantes no desenvolvemento dos nosos alumnos para a adquisición de novas aprendizaxes. Por iso para nós é unha actividade crave e moi presente no horario do noso alumnado.

FAMILIA E COLEXIO

• Actividades e charlas desenvolvidas por familias na aula (visítannos pais dentistas, arquitectos, sanitarios… afeccionados á pesca, especialistas en facer un horto… de diferentes profesións para axudarnos a entender os temas de interés da nosa sociedade)

• Actividades escolares en colaboración coa ANPA (nadal, festas colexiais, excursións e saídas escolares)
• Entrevistas co titora/a
• Alexia, como plataforma de comunicación
• Reunións de familias
• Escola de familias
• Conciliación vida familiar e laboral:
+ PERIODO DE ADAPTACIÓN para alumnado de 3 anos na primeira semana de curso.
+ SERVICIO MADRUGADORES DENDE AS 07.30H
+ SERVICIO DE COMEDOR CON COCINA PROPIA
+ AMPLIA OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE MEDIODÍA E DE TARDE.

EMOCIÓNS E CONVIVENCIA

• Asemblea diaria
• Traballamos na Resolución de conflitos
• Traballamas na identificación de emocións
• Sesións de convivencia desde o primeiro curso de Educación Infantil
• Recollida Ignaciana do día.

PRIMARIA

METODOLOXÍA

Metodoloxías activas nas que o alumno é o protagonista do seu proceso de aprendizaxe. Traballo cooperativo, unha metodoloxía que ten por obxectivo o ensinar ao noso alumnado a importancia de traballar en equipo e como poñer as nosas fortalezas ao servizo da colectividade.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Unha das liñas prioritarias do noso centro é a atención á diversidade, ao que lle dedicamos un gran número de recursos e esforzos. Cada alumno merece unha atención constante e individualizada que axude a potenciar todas as súas fortalezas e acompañe e apoie aquelas dificultades que poidan xurdir no proceso de aprendizaxe. O noso modo de proceder inclúe detección, seguimento, apoio e reforzo.

Contamos cun Departamento de Orientación formados por psicólogos, especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. A isto temos que engadir traballo dentro da aula con dous profesores traballando simultaneamente co obxectivo dun maior seguimento dos nosos alumnos e a implantación de metodoloxías activas e reforzos dentro da aula.

EMOCIÓNS E CONVIVENCIA

Prevención do acoso escolar a través do programa KIVA implantado en toda Primaria e Secundaria.
– Traballo das emocións e a convivencia con actividades incluidas no noso día a día como é a recollida do día
– Convivencias en todas os cursos.
– Materia de libre configuración en 4º e 6º de Primaria “Educación Emocional e Social”
– Talleres formativos sobre emocións.

PLURILINGÜISMO

O noso Colexio é Plurilingüe na etapa de Primaria, de tal xeito que, as áreas de Plástica e Educación Física, e Sociais e Naturais, impártense en Inglés en cursos alternos.
Ademáis contamos con auxiliares de Conversación nativos, e clases extraescolares de Inglés impartidas no propio centro a mediodía para EP.

ESO Y BACH

Educación Secundaria Obligatoria – ESO (1º-2º-3º-4º)

Metodoloxía:

Conxugamos a Aprendizaxe Cooperativa con outras metodoloxías activas que poñen ao alumnado no centro da aprendizaxe.

Acompañamento:

Temos un Plan de Acción Titorial propio con unha hora semanal de titorías para traballar a Educación en Valores. Entrevistas persoais co alumnado por parte dos titores.

Convivencia:

• Programa KIVA: Programa de Prevención do Acoso Escolar. Experiencia de máis de 3 anos.
• Conflitos: Grupo de convivencia-resolución de conflitos entre pares, círculos restaurativos, delegados KIVA de convivencia.
• Plan de Adaptación: socialización de alumnos novos. Acompañamento titorial a alumnos e familias.

Aprendemos desde a diversidade:

• Variedade metodolóxica.
• Atención á Diversidade: Clases de reforzo gratuítas en áreas instrumentais. Aula Arrupe para alumnos con NEAE.
• Oportunidade de aprobar en distintas convocatorias e de subir nota.

Plurilingüismo:

• Materias Bilingües dependendo dos cursos: Xeografía, Música, Ciencias, TIC,
• Segunda lingua estranxeira: Francés e Alemán
• Actividades de intercambio: Reino Unido e Francia.

Construimos Colexio:

Participación do alumnado na realización de actividades, festas colexiais, calendarios de exames, presenza de delegados de sección e de curso. Escola de Familias.

Dimensión social:

Voluntariado: Rede da Mocidade Solidaria con Entreculturas.

BACHERELATO

Metodoloxía:

• Metodoloxías activas e variadas
• Metodoloxía presencial e en liña cando a situación demándao (Covid-19).

Acompañamento:

Plan de Acción Titorial propio con 1 hora semanal de titorías para traballar a Educación en Valores. Entrevistas persoais co alumnado por parte dos titores.

Convivencia:

• KIVA: Programa de Prevención do Acoso Escolar. Experiencia de máis de 3 anos.
• Conflitos: Grupo de convivencia-resolución de conflitos entre pares, círculos restaurativos, delegados KIVA de convivencia.
• Plan de Adaptación: socialización de alumnos novos. Acompañamento titorial a alumnos e familias.

Itinerarios:

Ampla variedade de optativas e itinerarios.

Orientación para a ABAU:

Semanas de exames/horario de exames/tipo de exames. Opción de subida de notas.

Orientación académica e vocacional:

Acompañamento na toma de decisións. Feira de Universidades. Charlas de Orientación. Acompañamento para a ABAU en todos os seus pasos.

Plurilingüismo:

Itinerario propio de Pluribach. Materia propia: Cidadanía Europea. Intercambios con Europa.

Dimensión social:

Voluntariado Social en colaboración con Ong. Materia propia: Emprendemento social

Construímos Colexio:

Participación do alumnado na realización de actividades, Festas Colexiais, Calendarios de exames, presenza de delegados de sección e de curso. Escola de Familias.

PLURILINGÜISMO

PLURILINGÜISMO

O Colexio ten implantado un proxecto de plurilingüismo en todo o centro educativo, desde Educación Infantil ata Bacharelato. Pertence a Rede de Centros Plurilingües da Xunta de Galicia e, como tal, ten os seguintes obxectivos:
• Formar en linguas extranxeiras á vez que en contidos non lingüísticos
• Mellorar o dominio efectivo en linguas estranxeiras do alumnado galego
• Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto globalizado
• Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras

O Colexio está inscrito no programa BEDA, Bilingual English Development and Assessment, instrumento de calidade para potenciar a ensinanza do inglés, no nivel 2 bilingüe. Damos a oportunidade a todo o noso alumnado de dominar a lingua inglesa, ao mesmo tempo que a castelá e a propia lingua galega.
Ofertamos un servizo de auxiliares de conversa nativos en Primaria, Secundaria e Bacharelato. Unha axuda semanal para a mellora das súas competencias linguísticas en inglés e para a adquisición da confianza e soltura necesaria para o seu uso.

O Colexió é centro preparador e examinador de Cambrigde.
Francés e alemán: Ofértase tamén lingua francesa e alemán desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato
Intercambios lingüísticos e outros proxectos internacionais: Promovemos os programas europeos Comenius, Erasmus +, Euroscola ou European Youth Parlament, actividades de inmersión lingüística como intercambios e cursos de verán no estranxeiro.

Máis información en https://colegioapostol.com/educacion/plans/plurilinguismo

PASTORAL

PASTORAL

A tarefa pastoral a entendemos como una labor misioneira e iso supón unha serie de retos que van desde as estruturas básicas da pastoral, ata as metodoloxías, pasando polas persoas e a súa testemuña de vida que forman parte do terreo da pastoral –dende infantil e xuvenil (nenos e mocidade) ata familias e persoal do centro- e tamén o modo de relación entre eles.

Buscamos unha pastoral que sexa profundamente coherente,  antropolóxicamente significativa e que faga unha  explicitación do coñecemento e experiencia de Deus da man do compromiso que de él se deriva, segundo a Espiritualidade  Ignaciana. Partimos da realidade do noso alumnado, atendemos as súas preocupacións, provocamos preguntas e posibilitamos o encontro con Xesús e coa comunidade.

Desde esta formulación han de entenderse as distintas propostas pastorais que ofertamos ao longo do curso. O obxectivo final non é o de facer moitas actividades, senón aquelas que poidan chegar máis fondo, axudando ao alumnado, as familias e ao persoal do centro a descubrir a súa vida en clave crente.

Para máis información: www.lineasdefuerzasj.org e https://colegioapostol.com/educacion/plans/pastoral

PARAESCOLARES

Actividades Paraescolares e Club Apóstol Santiago

O noso centro educativo ten un amplo programa de actividades paraescolares en horario de mediodía e tarde, que oferta a toda a comunidade educativa. Deportes, música, obradoiro de idiomas, teatro, oratoria e debate, robótica,…. Tamén para familias hai unha oferta especial, como son as clases de ioga.
Entendemos que esta actividades son unha parte fundamental da oferta do Colexio a través da cal se apoia a formación integral do alumnado, foméntanse as relacións persoais e os valores humanos.
A maiores, o Colexio conta cunha entidade propia, o Club Apóstolo Santiago, para levar a cabo todas as competicións federadas. En concreto, nas modalidades deportivas de fútbol 11, fútbol 8, fútbol sala, baloncesto, ximnasia rítmica, atletismo e patinaxe.
Máis información en https://colegioapostol.com/actividades/paraescolares

FORMACIÓN HUMANA E VOLUNTARIADO

FORMACIÓN HUMANA E VOLUNTARIADO

As catro claves da Pedagoxía Ignaciana que nos gostaría que o noso alumnado acadase ao saír do Colexio son: ser persoas conscientes, compasivas, competentes e comprometidas.

O obxectivo é que o noso alumnado medre as súas dimensións intrapersoal, interpersoal e espiritual, e así aportar e mellorar ao entorno social onde se desenvolve. Por iso traballaremos dende todas as dimensións do Colexio con diferentes actividades.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL: Programa KIVA contra o acoso escolar, competencia global, Técnicas de estudo, aprendizaxe cooperativa, igualdade de xénero, prevención de conductas adictivas, orientación académico-vocacional e afectivo sexual
CAMPAÑAS: Equidade de xénero, coidado da Casa Común, Somos migrantes, Nadal, Paz e solidaridade, Entreculturas (ONGD da Compañía de Xesús)

VOLUNTARIADO:

Rede solidaria (Alumnado de 3º e 4º ESO)

Voluntariado social (Familias e alumnado de 1º e 2º de BACH)

Máis información en https://colegioapostol.com/educacion/plans/formacion-humana-e-voluntariado

DOE

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA

O Departamento de Orientación Educativa está formado por un conxunto de profesores, psicólogos, psicopedagogos e especialistas en Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT).

As tarefas fundamentais que se marca este departamento son dúas:

1. Atención á diversidade, con accións dirixidas a mellorar o proceso de ensino/aprendizaxe.

2. O Plan de Orientación Académico e Profesional, con accións que teñen como finalidade axudar aos alumnos na súa toma de decisións e nas saídas durante e unha vez terminada a ESO, orientación a ciclos formativos ou graos universitarios.
Traballamos para ser un centro inclusivo no que cada neno desenvolva as súas potencialidades de maneira óptima.

Máis información en https://www.elorienta.com/apostolvigo/

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

X