DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Carmen Cendón
Orientación
Orientación
O Departamento de Orientación Educativa está formado por un conxunto de profesores, psicólogos, psicopedagogos e especialistas en Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT).
As tarefas fundamentais que se marca este departamento son dúas:
1. Atención á diversidade, con accións dirixidas a mellorar o proceso de ensino/aprendizaxe.
2. O Plan de Orientación Académico e Profesional, con accións que teñen como finalidade axudar aos alumnos na súa toma de decisións e nas saídas durante e unha vez terminada a ESO, orientación a ciclos formativos ou graos universitarios.
Traballamos para ser un centro inclusivo no que cada neno desenvolva as súas potencialidades de maneira óptima.
Máis información en https://www.elorienta.com/apostolvigo/