Actividades Paraescolares e Club Apóstol Santiago

José Martínez
Paraescolares

O noso centro educativo ten un amplo programa de actividades paraescolares en horario de mediodía e tarde, que oferta a toda a comunidade educativa. Deportes, música, obradoiro de idiomas, teatro, oratoria e debate, robótica,…. Tamén para familias hai unha oferta especial, como son as clases de ioga.
Entendemos que esta actividades son unha parte fundamental da oferta do Colexio a través da cal se apoia a formación integral do alumnado, foméntanse as relacións persoais e os valores humanos.
A maiores, o Colexio conta cunha entidade propia, o Club Apóstolo Santiago, para levar a cabo todas as competicións federadas. En concreto, nas modalidades deportivas de fútbol 11, fútbol 8, fútbol sala, baloncesto, ximnasia rítmica, atletismo e patinaxe.
Máis información en https://colegioapostol.com/actividades/paraescolares

Contacta con nós

Para cualquera duda ou consulta, rechee este formulario e lle contestaremos tan pronto como sexa posible.

Not readable? Change text. captcha txt