XXXV Concurso Literario, en marcha

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Apóstol pon en marcha, un ano máis, o Concurso Literario que este curso 22-23 cumpre a súa 35ª edición. Poderá participar todo o alumnado do colexio, haberá dúas categorías, narrativa e poesía, e poderase escribir tanto en galego como en castelá. O prazo de entrega dos traballos rematará o 29 de marzo. A entrega de premios será o 3 de maio. Toda a información sobre este certamen premendo aquí (bases, instrucións, plantillas)