Nova edición do Concurso Maratón de Preguntas de Ciencias Sociais

Arrincamos o XXXII Concurso Maratón de Preguntas, un dos clásicos colexiais de todos os anos. O alumnado pode acceder e participar pola plataforma teams, onde atoparán as bases do Concurso e as follas de participación co cuestionario de preguntas sobre Historia, Xeografía e Arte, maiormente. O prazo de presentación rematará o 14 de abril ás 14:00 horas. A familia, amigos e coñecidos poden axudar aos máis pequerrechos (no Concurso poden participar alumnos e alumnas dende 5º Primaria). Hai que consultar fontes de información, investigar, aprender e, agardamos, pasar un rato divertido. A ANPA colabora e financia economicamente cos premios este Concurso. Moita sorte e ánimo! Máis información e bases AQUÍ Preguntas Primaria Preguntas 1º, 2º e 3º ESO Preguntas 4º ESO e Bach