O colexio celebrou a Semana Ignaciana 2023, no curso da conmemoración dos 150 anos. Unha historia marcada polo carisma do noso fundador San Ignacio de Loiola e, en particular, da espiritualidade ignaciana que determina e serve de compás constante no noso camiño e modo de proceder como institución educativa e apostólica da Compañía de Xesús.
Neses días tiveron lugar diversos actos vinculados a historia da Compañía, no pasado, no presente e no futuro. O alumnado de 2º de Bacharelato coñeceu en Santiago de Compostela outras obras ignacianas, como o Colexio Maior San Agustín, e unha parte deles confirmáronse esta semana, cerimonia para a que durante a semana ultimaron os preparativos.
O estudante xesuíta da República Dominicana, Cristian Espinal sj, tamén nos acompañou eses días para dar testemuña da súa vocación ao tempo que participou nas oracións da mañá, en algunhas clases e tamén en actividades no Centro Loiola.
Como recepción a todos os que entraban ao colexio, na portería tivemos instaladas varias esceas da vida de San Ignacio en formato de pequenos bonecos que nos achegan a varios dos momentos claves da súa vida. Durante a semana estaba previsto un colorista e multitudinario acto central, pero o mal tempo provocou a súa suspensión.
Os xesuítas Dani Cuesta y Fernando Gálligo, ataviados como os primeiros xesuítas, representaron para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria un teatrillo lembrando as conversas que San Ignacio e San Francisco Xabier poderían ter naquela época pero cunha linguaxe máis actual.
Como peche desta Semana Ignaciana tivo lugar o venres 17 a cerimonia de confirmación dun grupo de 38 mozos e mozas na igrexa do colexio e coa presenza do bispo de Tui-Vigo, don Luis Quinteiro Fiuza.