O día 1 de marzo foi elixido para celebrar, por primeira vez, o Día do Bo Trato e o Coidado. Para nós, e lembrando ás palabras do Pai Provincial, Antonio España, SJ: “O bo trato consiste en achegarse ao outro desde a empatía, a comprensión, o respecto, a tolerancia, a aceptación… E facelo así non só porque sexa un imperativo legal ou unha norma ética básica e universal para a convivencia social, senón como expresión dun sentimento que ha de brotar en todos nós e converterse nun hábito natural e perenne no noso modo de relacionamos”.
Para este primeiro 1 de marzo escollemos este lema “COIDARME, COIDARCHE, COIDARNOS” poñendo a nosa mirada no que axudará a evitar relacións inadecuadas e ás veces, abusivas.
No noso colexio o imos celebrar cunha proposta didáctica para o alumnado, según idades, e repartindo entre os alumnos, claustro, PAS e extraescolares… unhas “pulseiras conmemorativas” que levan impreso o lema deste ano.
Adxuntamos un manifesto.
Feliz primeiro 1 de marzo!!