Xa se poden adquirir as máscaras do Colexio

O Colexio ten xa á venda as máscaras personalizadas que deseñou para este tempo de pandemia. Son dous modelos, un realizado pola empresa viguesa Mr Broc cun colorista debuxo do noso cole, que se ofrece en 4 tallas ( XS, S, M e L). Outro modelo, creado desde a propia Compañía de Xesús, en azul e cos logos de Xesuítas e do Colexio Apóstol Santiago, de talla única ( L, para adultos). Ambos ao prezo de 6,95 euros a unidade, e a 12,90 euros se se adquiren dúas máscaras. A maiores, tamén ofrecemos un neceser cun prezo de 8.95 €.
Ofertas kits completos:
Kit 1 mascarilla + neceser 14.95
Kit 2 mascarillas + neceser 19.95
As persoas interesadas poden compralas nas oficinas de Administración do centro, de 9:00 a 13.00 h, ou enviando un mail a libreria@colegioapostol.com, indicando os datos do alumno/a, o modelo e a talla. #ApóstolProtexe