Lucía Tombilla, Ángel Covelo e Irene Puga son os tres alumnos do Colexio que o pasado ano obtiveron as prestixiosas becas da Fundación Amancio Ortega para estudar este curso 1º de Bacharelato nun High School de Estados Unidos ou Canadá. A pandemia truncou ese atractivo plan académico e comezaron este curso o bacharelato no noso Colexio. De todas formas, participan de forma complementaria da oferta educativa online que a Fundación A. Ortega deseñou para eles el colaboración coa Universidade de Cambrigde e o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.
O programa que están a realizar é o Advanced Talent Training, inaugurado o pasado 2 de outubro, desenvólvese ao longo do curso académico 2020-2021 e permite ao alumnado becado sumerxirse, non só nas disciplinas STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas), senon tamén perfeccionar o seu nivel de inglés a través dun programa de educación dixital práctico e personalizado con dúas das mellores universidades do mundo.
Estes días, a Televisión de Galicia fixo unha reportaxe a dos noso alumnos, Ángel Covelo Currás.
Podes velo neste enlace