“Aprendendo a comer” é o título do proxecto educativo que o Colexio pon en marcha este curso 20-21 que ten como centro o noso comedor e o coidado da alimentación.
Baixo a dirección do coñecido chef Pepe Rodríguez (xurado de Master Chef, de TVE), trabállase co noso alumnado sobre hábitos de vida saudable a través dos alimentos, desde un punto de vista práctico, de coñecemento e divertido, implicando a toda a familia.
Cada mes teremos unha xornada gastronómica rexional cun menú especial proposto e testado por Pepe Rodríguez, onde se unen nutrición e cultura. Esta semana tivo lugar a xornada dedicada a gastronomía de Castela A Mancha, onde se degustaron pratos tan típicos como o gazpacho e o “mojete” manchego, taquiños de queixo de ovella con noces e aceite virxen extra, brochetas de queixo manchego de cabra e uvas e un prato especial: carcamusas toledanas con patacas.
O proxecto oferta charlas ás familias e celebración de días especiais, como o dedicado aos alérxicos, onde se ofrecerá ao alumnado a degustación de produtos que todos poidan tomar (celíacos, alérxicos ao ovo, lactosa, froitos secos,…). Esta semana tivo lugar a xornada dedicada a gastronomía de Castela A Mancha, onde se d
Tamén se animará aos nosos alumnos para participar en eventos de carácter nacional, como o concurso “ Sodexo Little Chef” onde o gañador coñecerá en persoa a Pepe Rodríguez durante unha comida coa súa familia no restaurante do chef “O Bohío”, en Illescas (Toledo).
Información do proxecto educativo neste video
E así saúda Pepe Rodríguez ao alumnado do comedor de Colexio Apóstol.