Celebramos a Semana do Domund 2020

Esta semana o Colexio está a celebrar a Semana do Domund, un tempo para achegarse a realidade misioneira e para apoiar económicamente os seus proxectos. Como en anos anteriores, desde o departamento de Pastoral organizanse unha serie de charlas coloquio nas que participan diversas persoas da comunidade escolar que tiveron algunha experiencia neste liña. India, Burundi, Nicaragua ou Honduras, entre outros, son realidades que se están a compartir estes días co alumnado do Apóstol para sensibilizar sobre as situacións de desigualdade e pobreza que se viven no mundo. As charlas, que están tendo lugar no salón de actos, ampliaranse ata principios da próxima semana. O Domund, a nivel eclesial, é unha xornada universal que se celebra cada ano en todo o mundo, o penúltimo domingo de outubro, para apoiar aos misioneiros/as no seu labor evanxelizador, que desenvolven entre os máis pobres. O Domund é unha chamada á responsabilidade de todos os cristiáns na evanxelización. É o día en que a Igrexa lanza unha especial invitación a amar e apoiar a causa misioneira.