Somos un colexio accesible!

Desde o equipo do Departamento de Orientación, formados e guiados por Escolas Visuais (Fundación Orange) e coa axuda dos pictogramas de ARASAAC, estamos a converter o noso centro nun colexio visualmente accesible.
O obxectivo deste proxecto é eliminar as barreiras de comunicación, facilitar a accesibilidade e permitir que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de desenvolverse.
Sinalizar é facer que un centro educativo sexa accesible, non só fisicamente, senón tamén cognitivamente, e implica que todas as persoas coñezan e comprendan a contorna escolar, promovendo a autonomía do alumnado nas diferentes contornas .
Xa nos engadiron ao mapa mundial de colexios sinalizados! Podedes
atoparnos no seguinte link: http://bit.ly/2VW0b24.
Continuamos dando pasos cara a unha educación cada vez máis inclusiva.