Fomentamos a vocación científico-tecnolóxica entre as alumnas de Primaria

Este curso puidemos participar no programa Inspira STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths), un proxecto pioneiro entre estudantes de Primaria, para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía.

As mentoras encargadas do proxecto son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión etc. E achegan o seu día a día ás nenas e nenos a través de sesións de traballo en horario lectivo, no noso caso será nunha sesión de Natural Science ao longo do curso, compatibilizando ambos os momentos para non obstaculizar a progresión da materia que se imparte polo currículo.

Durante as sesións de traballo, tratanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo, as mulleres e a ciencia ao longo da Historia.

Con lestes encontros entre mentoras e nenas quérese axudar a disipar as dúbidas e obxeccións sobre as profesións na ciencia e tecnoloxía, clarificar as súas motivacións e afianzar a súa autoestima para iniciar o camiño profesional, se así o desexan.

Estamos seguros de que será unha experiencia enriquecedora para todo o noso alumnado de 6º de Educación Primaria.