Celebramos o Día do Migrante

Do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro, o colexio Apóstol Santiago – Xesuítas Vigo celebra a “Semana das Migracións”, que tivo este martes 30 de xaneiro, o seu día principal coa celebración do Día da Paz e do Día do Migrante, co seu tradicional bocadillo solidario, un momento moi significativo de encontro como Comunidade Educativa (familias, docentes, PAS, alumnado, ong).

Unha nova oportunidade para traballar co alumnado os valores da paz e a solidariedade, achegándonos en particular, e da forma máis adecuada segundo as idades, ao fenómeno migratorio. Ademais, con todo o recadado nesta iniciativa (cada bocadillo, con auga e froita custa 5 euros) colaboramos co proxecto que a ONG xesuíta Entreculturas está a desenvolver en Guatemala, de construción dun colexio, para que nenos e nenas da localidade indíxena, e moi pobre, de Alotenango, poidan ter unha escola digna e adaptada ao 25% do seu alumnado con algún tipo de discapacidade. Durante a xornada, desenvolvéronse diversas accións de sensibilización e talleres para achegarlles a esta realidade.