Principios para grandes fins: Escolas Católicas de Galicia

Escolas Católicas, organización a que pertenece o noso colexio, pon en marcha unha campaña coincidindo coa apertura do período de admisións para o curso 2021-22. Baixo o título de “Principios para grandes fins” quere por en valor a importancia dos principios e de arrancar ben o longo camiño do proceso educativo dos nosos nenos e nenas. Que os nosos valores nos que educamos son o noso compromiso para formar homes e mulleres capaces de mellorar o mundo. Por iso é tan importante a elección do centro educativo para os fillos e fillas. Aquí compartimos o video desta campaña.