O noso Colexio foi elixido como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo ( EPAS, European Parliament Ambassador School) para o presente curso académico.
Este programa educativo, organizado pola Dirección Xeral de Comunicación do Parlamento Europeo, está destinado aos alumnos de centros de ensino secundario: 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e grao medio de Formación Profesional. Ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria europea entre os estudantes, proporcionándolles un coñecemento activo da Unión Europea, e do Parlamento Europeo en particular.
Non se trata só de ensinar datos sobre a Unión Europea, senón tamén de darlles a oportunidade de experimentar a cidadanía europea. Cada colexio ten os seus embaixadores junior, alumnos encargados de levar o peso do programa e que no noso colexio serán os alumnos de Pluribach. Tamén está convidado a participar no programa todo o alumnado en xeral e, para involucralos, hai embaixadores senior, profesores a cargo do programa en diferentes etapas do Colexio, que coordina no noso centro Raúl Prada. Xunto a él, Paloma Calvo, Nuria Prado e Patricia Tarrío implican tamén ao alumnado nas súas etapas de diferentes maneiras, por exemplo enviando noticias das actividades de clase que poidan estar relacionadas coa UE e que se publicarían no InfoPoint sobre o Parlamento Europeo, que vaise integrar na web do Colexio. Tamén celebrando o Día de Europa (9 de maio), traballando con materiais proporcionados polo Parlamento Europeo ou levando a cabo calquera actividade que poida estar relacionada coa Unión Europea.
Este curso 2020-2021 cúmprese a sexta edición deste programa no que participan 114 escolas embaixadoras do Parlamento Europeo e por primeira vez están representadas todas as comunidades autónomas de España. En Galicia hai seis centros seleccionados e en Vigo só un: o Colexio Apóstol Santiago. Todo un desafío.