Hai uns días coñeciamos os gañadores do XXXIV Concurso Literario Apóstol Santiago que este ano chegaba fóra de data, mais coma un anticipo inesperado dos Reis Magos. A piques de comezar as vacacións de Nadal, os nosos futuros literatos recibían con moita alegría e non pouca sorpresa os agasallos que os profesores lles entregaban xunta os parabéns e aplausos dos seus compañeiros.
Relación de premiadas e premiados.
Foron moitas as dificultades que houbo que vencer para que nun ano que está sendo tan complicado, o concurso puidese saír adiante. Unicamente as moitas ganas e ilusión dos participantes, profesorado do colexio, ANPA e Edicións Xerais fixeron posible que hoxe publicásemos esta noticia.
Noraboa a todos os que fixestes posible este momento.