Nova edición dixital da revista escolar O Noso Lar

Compartimos con enorme alegría unha nova edición da revista O Noso Lar, a que corresponde co primeiro cuatrimestre do curso 20-21. Unha revista que sigue viva, dando conta da actividade de noso colexio en medio deste atípico tempo de pandemia pero onde a vida escolar continúa, e onde seguimos educando na esperanza. Ademais, neste número 60 -exclusivamente dixital- da que chamamos nova época da publicación, lembramos que o 2020 supuso, entre outras efemérides, os 100 anos da revista O Noso Lar. Unha iniciativa que promoveron, alá no 1920, a Asociación de Antigos Alumnos del Colexio Apóstol. Accede aquí a revista