Técnicos da consellería de Sanidade realizaron este martes, nos baixos de pavillón de Bacharelato, un cribado masivo a 425 persoas, entre persoal do Colexio e alumnado de 4º de ESO e de Bacharelato. Trátase dunha medida preventiva, solicitada polo propio centro educativo, antes dás Nadal, como forma de mellorar a seguridade no centro. En total realizaron as probas 290 alumnos e alumnas e 135 membros do persoal do Colexio.
A partir de agora, o Sergas vai desenvolver un Plan de abordaxe de cribado de todos os centros educativos según os protocolos da Dirección Xeral de Saúde Pública. Permitirá, así, incrementar a capacidade diagnóstica da área para facer frente á pandemia do Covid-19 e garantizar centros de enseñanza libres de virus. En vez de esperar á aparición de pacientes con síntomas, faise unha acción proactiva de búsqueda e identificación dos asintomáticos para controlar, o antes posible, os brotes da enfermidade.
Iván Mirón, director do Colexio, acompañou o luns a delegada da Xunta de Galicia e ao xerente de Sergas nunha visita as instalacións de centro.