O Papa recibe en Roma un agasallo moi especial do alumnado do colexio

O pai Dani Cuesta, un dos xesuítas que colabora no noso colexio, fíxolle entrega ao Papa Francisco, o pasado 11 de novembro, dun agasallo moi especial do noso alumnado: un dossier, decorado na súa portada coa imaxe do colexio do 150 aniversario, e no seu interior unha serie de debuxos e escritos dirixidos a Francisco.

Trátase dunha iniciativa de Pastoral na que se quixo involucrar a todos os cursos e a través da cal o alumnado describe o que para eles significa a figura do Papa, que coñecen del, ademais de poder escribirlle varias cartas. Nesas misivas pídeselle, desde que poida visitar ao colexio en Vigo para coñecelo persoalmente, ata que rece polo colexio e tamén que pida polas persoas que sofren, especialmente polos que nestes momentos padecen o horror das guerras. Noutras cartas tamén se lle conta que a diario realizan as oracións da mañá e que acoden á eucaristías na igrexa de colexio.

Unha iniciativa na que se implicaron todos e todas, desde Infantil e Primaria, ata ESO e Bacharelato, que chegou ao Vaticano e, grazas ao pai Cuesta, directamente ás mans do Papa Francisco.

Un soño feito realidade