A Xunta mellora a dixitalización das aulas de Educación Infantil e Primaria

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades, concedeu ao noso colexio unha subvención para contribuir á dixitalización das aulas, no marco dunha convocatoria dirixida a centros concertados vinculada aos fondos europeos NextGenerationUE.

As actuación realizadas afectan a 20 aulas do Colexio Apóstol e a compra dos dispositivos necesarios e os servizos de instalación e configuración. En concreto, a instalación de paneis interactivos nas aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Tamén a instalación do equipamentos e a conectividade necesaria para garantir o óptimo funcionamento destes paneis e equipos.

En último termo, o obxectivo final destas subvención é propiciar ó alumnado, e ó seu profesorado, as ferramentas dixitais máis apropiadas para garantir unha experiencia de aprendizaxe significativo, a través da adquisición das competencias fundamentais en xeral, e de competencias dixitais en particular.