IN MEMORIAM
Lamentamos ter que comunicar a noticia do falecemento do irmán Ubaldo, xesuíta que durante catro décadas foi un alicerce fundamental no Colexio Apóstol Santiago, o seu colexio, e do que moitos, tanto profesores como alumnos e antiguos alumnos gardamos unha entrañable lembranza. Ubaldo faleceu este xoves, 16 de xaneiro en Salamanca.
Este leonés de O Bierzo (Berlango), chegou a Vigo a finais dos anos 60 e gran parte da súa vida, 42 anos, estiveron dedicados a labores educativas no noso Colexio, primeiro como enfermeiro, despois vinculado ao alumnado maior e tamén con moita relación coa parte deportiva.
O vindeiro mércores 22 de xaneiro ás 17.30 h, celebraremos na Igrexa Parroquial San Francisco Javier, un funeral no seu recordo. Desde o Colexio temos na nosa oración a Ubaldo e á súa familia, e estamos especialmente cercanos neste momento á Comunidade de Xesuítas de noso Colexio Apóstol.
Noso máis sentido pésame, o noso afecto e o noso agarimo.