Formación en twitter có antigo alumno Pablo Martínez

Pablo Martínez Sansegundo, responsable de investigación de Twitter España, acudirá ao noso Colexio o próximo venres día 10 de xaneiro para ofrecer unha formación ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Tras estudar Administración e Dirección de Empresas na Universidade Carlos III e facer un Máster en Community Management na Innovation & Entrepreneurship Business School (IEBS), Pablo Martínez desempeñou funcións relacionadas co Marketing e a Investigación de Mercados en varias empresas como Bluemove Carsharing, Nielsen, Kantar e agora traballa en Twitter. Pablo, que é antigo alumno do Colexio Apóstol, falará da súa experiencia académica e profesional e sobre todo de como funciona unha Rede Social por dentro: privacidade, publicidade, xestión da información, Big Data… Confíamos que esta charla sexa proveitosa para o noso alumnado.
X