O Colexio celebrou, case con relativa normalidade neste largo tempo de pandemia, a festa do Entroido 2022.
Gran parte do alumnado chegou disfrazado nesta xornada e, como sempre, os que máis gozaron desta celebración foron o máis pequenos.
A gran novidade do día foi a vista das xigantescas mascotas de infantil Curtis, Cora e Candi. Ao chegar pola mañá estaban esperando para dar a benvida aos nenos e nenas. Despois visitaron as clases e viron todos os nosos disfraces. Pola tarde participaron no desfile de infantil onde bailamos e celebramos esa festa.
Ao longo do día realizamos diferentes obradoiros e actividades relacionadas co Entroido.
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2022/02/whatsapp-image-2022-02-25-at-17.11.35-300x225.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2022/02/entroido-1-300x150.jpg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2022/02/whatsapp-image-2022-02-25-at-17.11.35-300x225.jpeg)
![](https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2022/02/whatsapp-image-2022-02-25-at-17.19.23-225x300.jpeg)