Convivencias en ESO e Bacharelato, para comezar ben o curso

O curso 23-24 comenzou coa nosa habitual tanda de convivencias para os cursos dos maiores.  Organizadas desde o departamento de Pastoral, o alumnado de 2º de Bacharelato tivo os días de retiro en Santiago de Compostela, mentres que os de 1º de Bach as tiveron en Tui. Os cursos de 4º e 2º da ESO foron de retiro ás instalacións do Círculo Mercantil e do Clube Marítimo de Panxón. Neste mes de outubro completaránse ás tandas coas convivencias de 1º e 2º da ESO. Tamén comenzarán as de Primaria, que se completarán durante os primeiros días do mes de novembro. As convivencias, xunto con outras actividades de Pastoral como a Javierada, o Camiño de Santiago, as Intercolexiáis, a Peregrinación a Loiola e, en algún curso, a Viaxe a Roma son algún dos fitos que alumean o proceso de crecemento persoal do noso alumnado. E sempre baixo o lema deste curso de “Vivir por Amor”.