Álvaro Lobo SJ forma a docentes e familias desde a identidade xesuíta

O xesuíta Álvaro Lobo, responsable do ámbito pastoral dos colexios da Compañía de Xesús en España (Educsi), foi invitado esta semana ao noso centro para participar en varias formacións, tanto có equipo directivo, como con docentes e familias. Ofreceu unha charla a todos os profesores e profesoras do colexio titulada “O acompañamento desde a nosa identidade ignaciana”, no tradicional claustro de identidade e sentido de inicio de curso.  O acto tivo lugar no salón de acto e foi presentado polo director xeral, Alberto Remeseiro. Pola tarde, foi o invitado á primeira reunión da Escola de Familias deste curso 23-24 que tivo lugar na aula multimedia e na que falou sobre “Fe e Familia”. Álvaro ofreceu 10 puntos da espiritualidade ignaciana que poden axudar ás familias a profundizar na súa fe e tamén deuse un diálogo moi rico cos pais e nais no que se falou de cómo transmitir a fé aos seus fillos e fillas.