Colexio e familias complementámonos para estimular o desenvolvemento da linguaxe dos máis pequenos

Na etapa de 3 a 6 anos en Educación Infantil, a través da linguaxe o neno/a estrutura o seu pensamento, amplía os seus coñecementos sobre a realidade e establece relacións cos seus iguais e co adulto, o cal favorece o seu desenvolvemento afectivo e social; por iso nesta etapa préstase especial atención á adquisición e desenvolvemento da linguaxe así como á súa estimulación.

A escola ten un papel decisivo no desenvolvemento da linguaxe, e así, en 4º de Educación Infantil dedicamos unha hora todas as semanas a que a especialista de audición e linguaxe realice actividades motivadoras e específicas que potencien e estimulen a súa adquisición.  E as familias pódennos axudar á potenciar e estimular a adquisición da linguaxe dos seus nenos/ as desde casa, en calquera momento, á vez que se divirten polo seu carácter eminentemente lúdico.

Ninguén mellor que a propia familia para, cunha serie pautas fáciles de levar á práctica á hora de comunicarse cos seus fillos/ as, converterse nun elemento vital para o bo desenvolvemento da linguaxe.

Con este obxectivo, o Departamento de Orientación coa axuda da especialista de audición e linguaxe, facilita ás familias de Educación Infantil unha presentación  Genially. Pódese traballar seguindo a seguinte presentación, soamente teredes que darlle a  Ctrl (control) e clicar na seguinte ligazón: Pautas de estimulación da linguaxe en Educación Infantil

Aí ofrecemos unha serie de pautas, hábitos e actividades que poderán levar a cabo desde as súas casas dunha forma lúdica para favorecer o desenvolvemento e estimulación da linguaxe dos seus fillos/ as.

 

Departamento de Orientación

X