info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

A nova aula multisensorial, un universo para os sentidos

O Colexio estrea este curso 21-22 un novo espazo para potenciar o desenvolvemento do esquema corporal do noso alumnado máis pequeno que é, á vez, unha magnífica e moderna ferramenta na que se conxuga a estimulación e a relaxación. Na nova Aula de Estimulación Multisensorial (EMS), con elementos como son a música, as luces de cores, os aromas, as texturas… os nenos e as nenas exploran, descobren e gozan do mundo dos sentidos e os afectos. Nos países do Norte de Europa xa hai moitos anos que estas aulas están integradas nos colexios, pero en España é algo aínda moi novo. O noso centro apostou por iso porque cremos firmemente no beneficio que suporá para o desenvolvemento integral do noso alumnado. Nesta EMS levan a cabo distintas actividades que están recollidas e integradas na nosa programación, tales como: Estimulación, contacto somático, para que o neno tome conciencia do seu corpo para desenvolver o seu esquema corporal e coordinar os seus movementos. Actividades de estimulación táctil é estimulación vibratoria, a partir de elementos concretos, para que vaia adquirindo os límites do seu corpo. Tamén actividades de estimulación vestibular: O movemento. Localízase na parte non auditiva do oído. Constitúe a condición previa para calquera desprazamento. Se isto non se fai, pode xerar dificultades no futuro. Estimulación do olfacto e estimulación acústica: hai nenos que están  sobresaturados a nivel acústico e isto pode repercutir en problemas de conduta e sociais. E actividades de estimulación visual que axudan a motivalos, a centrar a súa atención. En definitiva, distintas actividades que nos axudan a traballar o esquema corporal, a motricidade fina máis precisa, a linguaxe, a crear rutinas interactivas para favorecer a comunicación, para favorecer o xogo cos seus iguais, etc.