info@colegioapostol.com  |  986 371 011 | 

Clase maxistral de literatura en 1º Bach con Defreds, escritor vigués e antigo alumno

O alumnado de 1º de Bacharelato gozou este luns, 13 de febreiro, dunha clase de Lingua Castelá e Literatura diferente e moi especial. Recibiron a visita do escritor de éxito vigués, e antigo alumno do colexio, José Ángel Gómez Iglesias, máis coñecido como “Defreds”. En 2011 abriu a súa conta de twitter con este pseudónimo, publicou unha frase, un pensamento, e “aí comezou todo”, como el mesmo lembra. Agora, está a piques de publicar o seu 11º libro e leva, en total, máis de medio millón de exemplares vendidos.                 Este escritor de éxito compartiu esta xornada con 1º de Bach, dialogou con alumnos e alumnas, e participou nun obradoiro de creación de textos poéticos que tiveron que realizar de maneira cooperativa. Ao final, Defreds e o profesor David Viso elixiron os mellores textos que tiveron un premio especial: os libros de Defreds que o escritor regalou nesta visita ao seu antigo colexio.  “Un pracer volver a casa”, e valorou moito o traballo realizado: “son uns alumnos moi interesados en aprender e escoitar”.