O pasado día 10, tivo lugar a cerimonia de graduación dos 117 bachareis da promoción 2024. O Colexio rendeuse a eles por unhas horas. As aulas nas que tanto aprenderon, os corredores polos que transitaron, os patios nos que xogaron… Cada espazo gardará o seu recordo pois, como lles dixo Fernando Gálligo SJ na Eucaristía previa ao acto académico “o Colexio é parte de vós e vós sodes parte do Colexio ”.
Despedimos á promoción cos emotivos discursos de Víctor Casal, Dani Cuesta SJ, Alberto Remeseiro, Sofía Armenteros, Beatriz Estévez, Nuria Prado e Ana Patricia Rodríguez. Todos eles foron presentados por alumnos e alumnas da promoción.
Celebramos neste acto non só o logro académico, senón tamén o seu compromiso para ser homes e mulleres para os demais, valores que nos inspiran. Desexámoslles un camiño iluminado pola sabedoría e o servizo.
¡Parabéns!