Campamento de verán para cativos 2019

O Colexio xa ten aberto o prazo de inscrición para o Campamento de verán, en inglés, para cativos 2019. O Cativos Weekly Summer Camp é unha actividade que, rematado o curso, terá lugar nas instalacións do colexio Apóstol durante cinco quendas, desde a última semana de xuño (só para Infantil) ata a última de xullo. Esta actividade vai destinada a pequenos e pequenas de Infantil e Primaria, tanto estudantes do Colexio (que terán un desconto especial) como alumnado de fóra. O prazo remata a 15 de xuño e as follas de inscrición poden recollerse na portería do Colexio o directamente a través dos titores. Máis información: inscripcin-cativos-2019 cativos19-internos