O “Lago dos Cisnes” entra no Colexio

O Colexio tivo o pracer de recibir, un ano máis, ao grupo Teatro Ferro para realizar en directo varias representacións no noso salón de actos. Trátase dun grupo especializado en achegar a ópera e o teatro aos alumnos de Infantil e Primaria. E os cerca de 900 alumnos destes ciclos gozaron este martes de este gran espectáculo musical. Este ano interpretaron unha adaptación operística de O Lago dos Cisnes, obra só instrumental e adaptada ao ballet, pero que o grupo Teatro Ferro púxolle letra á música para achegar a historia aos nenos e nenas. Tamén, na función da tarde, a última das actuacións tivo que ser modificada e a representación foi feita a capella e adaptando a historia.  Unha xornada, a vivida esta semana no Colexio, onde este grupo profesional de actores e cantantes contaxiaron ao noso alumnado a ilusión pola música e o respecto e coñecemento pola música clásica.