Para mellorar as expectativas de supervivencia daquelas persoas que sufran unha parada cardiorrespiratoria, temos instalados no Colexio un aparato desfibrilador. Aínda que na nosa Comunidade Autónoma esta iniciativa non é de obrigado cumprimento, o Colexio ten considerado que era necesario converter os noso centro nun Espacio Cardioprotexido, e así o fixemos dende setembro de 2018 coa instalación dun DEA (Desfibrilador Externo Automatizado) na portería do Colexio. Esta instalación acompañouse dun cursiño de formación específica de 4 horas para varias persoas do centro de distintos ámbitos (docente, paraescolares, comedor, servicios, PAS, etc…).
A maiores, levábamos tempo querendo estructurar, para ó alumnado, unha mínima formación en RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) de forma transversal, a través da asignatura de Educación Física, e máis específcamente nos cursos de 2º EP, 5º EP, 2º ESO e 1ºBacharelato.
Esta semana, última do mes de marzo, o alumnado de 5º EP (mércores 27) e 2º ESO (luns 25) tiveron unha formación específica en RCP impartida por unha profesional da rama sanitaria utilizando maniquíes de RCP. Unha acción que pretendemos manter cada ano, tanto de formacións como recordatorios, adaptados ás distantes idades, para que todos os nosos nenos e nenas poidan saber qué facer se, por desgracia, nalgunha ocasión, vense ante unha situación deste tipo.
Con estas iniciativas queremos que o noso colexio sexa cada vez un espacio máis seguro, en todos os sentidos.