Bacharelato achegase á dura realidade da violencia de xénero

“A  igualdade real e efectiva  na  sociedade actual” foi o título de charla-coloquio que impartiu Susana López Abella, Secretaria  Xeral de  Igualdade da Xunta de Galicia no salón de acto do Colexio ao alumnado de 1º de Bacharelato.  Un acto enmarcado xa nas accións de sensibilización que o centro programou para este mes, no que se conmemora o 25 N, Día internacional contra a Violencia de Xénero. Esta charla, prevista para o pasado 17 de setembro como acto institucional de apertura do curso 19/20, lamentablemente tivo que ser suspendida xa que ese mesmo día, en Valga (Pontevedra) producíase o acto máis terrible da violencia machista en Galicia ao ser asasinadas tres mulleres dunha mesma familia. Susana López Abella, da promoción de Xesuítas Vigo de 1985, lembrou con agarimo o seu paso polo noso Colexio e encomiou o obxectivo dos xesuítas de formar alumnos e alumnas críticos, algo que a ela comprometeulle socialmente coas súas actuais funcións no goberno galego.   Tras expoñer os datos das vítimas de violencia en España, con 1.027 mulleres asasinadas desde que en 2003 téñense rexistros desta realidade (61 en Galicia), explicou o moito que se avanzou na nosa comunidade en canto a recursos, campañas e prevención. Cada vez denúnciase máis, con 6.537 denuncias o pasado ano e 2.021 ordes de protección en Galicia. En pleno proceso do caso Diana  Quer e a piques de comezar lle xuízo polo asasinato en Vigo de Ana  Enjamio, López Abella animou aos alumnos para informar de calquera intento de agresión que presencien e lembrou os moitos recursos que hai para tentar parar esta secuela. Explicou da Lei Orgánica contra a Violencia de Xénero de 2004 e da súa importancia á hora de lexislar e coordinarse entre todas as institucións e lembrou que, tras o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Galicia recibe 8 millóns de euros ao ano para dotar de recursos á loita contra esta situación, a todos os niveis. En paralelo, inaugurou unha exposición, “Cartas de Amor”, instalada no pasillo de Primaria do edificio principal, na que a través de debuxos e cómics feitos por ilustradores galegos sensibilízase aos mozos sobre esta situación.