Arranca a Escola de Familias

Poñemos en marcha este curso 2019/20 a Escola de Familias, un espazo de encontro e crecemento compartido entre o Colexio e as familias. A nosa intención é propiciar espazos para a reflexión, e aportar ferramentas que poidan axudar na tarefa educativa que compartimos, e que tantos retos abrangue. A nosa idea é ofrecer dous itinerarios complementarios: A. Charlas formativas B. Obraidoros de reflexión e intercambio de experiencias. As charlas formativas terán formato de conferencia, e versarán sobre temas pedagóxicos abordados dende unha perspectiva máis técnica e profesional, de xeito acordado coa ANPA. A primeira será o xoves 28 de novembro ás 18:30 horas có título “Deporte e vida escolar: valores, hábitos saudables e primeiros auxilios”. Os Obradoiros teñen un carácter máis experiencial, no que reflexionar e compartir xuntos sobre a educación dos fillos dende a propia experiencia persoal. Estes obradoiros serán acompañados polo mestre José Martínez e outros membros da comunidade educativa do Colexio. O primeiro tivo lugar este martes 15 de novembro na nova sala multifunción. As sesión son totalmente de balde e non é necesario inscribirse. Posto que comezamos este andadura dun xeito en certa forma novedoso e singular, será un proceso vivo no que ao longo do ano entre todos iremos construíndo e facendo camiño. Calquera dúvida podedes contactar co mail: escuela.familias@colegioapostol.com