O pasillo de 1º da ESO acolle estes días a exposición “Cartas de Amor”, que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia cedeu ao noso centro dentro das actividades que programamos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro.
Trátase dunha mostra onde 15 debuxantes galegos plasman en imáxenes de cómic situación ou momentos que consideran violentes nas relación entre adolescentes có obxectivo de pór de manifestó a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.
Alumnado de varios cursos de Educación Secundaria está a visitar a mostra, que ven acompañada dunha unidade didáctica.