Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes para a participación no fondo solidario de libros de texto para os alumnos matriculados en Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria para o curso 2024-2025. O prazo comeza o día 21 de maio e finalizará o día 21 de xuño de 2024 incluído. Os cursos que estean incluídos no proxecto de educación dixital (E-dixgal), (5º e 6º EP e 1º, 2º, 3º,4º ESO), non poden solicitar axuda para libros pero si poden facelo para material.
Se queredes ampliar máis información podedes consultar a orde do 7 de maio do DOG do 20 de maio de 2024.
Aberto o prazo do fondo solidario da Xunta para alumnos de Educación Primaria e Secundaria2024-05-212024-05-24https://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2021/11/colexio-xesuitas-vigo-logo-horizontal.pngColexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigohttps://colegioapostol.com/wp-content/uploads/2024/05/aberto-o-prazo-do-fondo-solidario-da-xunta-para-libros-e-material.jpeg200px200px