Patios Dinámicos

O proxecto Patios Dinámicos nace coa finalidade de ser unha ferramenta de inclusión escolar, mediante a cal o tempo do recreo cobra sentido para o alumnado con NEAE, facéndolles partícipes do mesmo xunto co resto do alumnado que voluntariamente queira participar dos xogos propostos.

Trátase dun programa inclusivo mediante o cal nenos/as en xeral, sendo cal sexa a súa condición persoal, aprenden a xogar xuntos, a respectar a diversidade e a gozar do xogo compartido (Lagar, 2015).

O patio é unha zona de xogo, e o xogo é unha actividade fundamental para o desenvolvemento do neno/a xa que actúa como facilitador para a adquisición e interiorización de aprendizaxes, e é unha actividade social na que ven reflectidas as características do pensamento, as emocións, e os sentimentos infantís. Por tanto, o xogo debe considerarse un contexto educativo máis.

A filosofía deste proxecto é que funcione como unha ferramenta flexible, que poida deseñarse e/o adaptarse segundo os requirimentos e preferencias da etapa educativo onde vaia a ser implementado. Así mesmo, á hora de planificar as intervencións débense tomar en conta os gustos e preferencias dos nenos/as que máis lles custa participar a fin de ter ferramentas para motivalos.

O obxectivo principal é transformar o recreo nun lugar accesible e inclusivo, un lugar no que todo o alumnado poida participar e onde todos sintan que forman parten del, logrando un sentimento de pertenza que é necesario desenvolver nunha escola inclusiva e nun momento tan especial como é o recreo.

Os obxectivos específicos que se pretenden alcanzar con este proxecto son os seguintes:

  • Sensibilizar ao alumnado e a toda a comunidade educativa acerca da necesidade dunha inclusión escolar activa.
  • Promover a inclusión do alumnado con NEAE durante os recreos, aumentando o interese e o desexo de socialización.
  • Ofrecer a alumnado as nosas propostas nas que se valoren os seus intereses.
  • Favorecer a interacción entre nenos e nenas á hora de xogar.
  • Mellorar a convivencia do alumnado no tempo do recreo, aumentando o desexo de socialización e xogo.
  • Previr situacións de conflitos entre o alumnado.
  • Favorecer un clima de entendemento e respecto acerca das características individuais do alumnado.
  • Favorecer un uso óptimo das áreas de recreo, familiarizándose así cos materiais e as normas.