A Recollida de Alimentos é un proxecto educativo para 4º de Primaria

Un ano máis, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria realizan o proxecto solidario de “Recollida de alimentos” no Colexio. Este proxecto naceu da necesidade de facernos conscientes, compasivos e comprometidos coas familias necesitadas da nosa cidade.
O primeiro que fixemos foi coñecer o labor que realiza o Banco de alimentos. Despois da visita dos seus voluntarios comezamos a deseñar carteis e folletos para difundir a campaña por todo o Colexio.
O obxectivo principal é convidar a alumnos e familias a colaborar connosco, traendo ás aulas bolsas de alimentos.
O prazo terminará o 7 de xuño.
A implicación de todos os nosos alumnos, con gran ilusión e entrega, levaralles a comprender, de maneira significativa, o que é “ser solidario”.
Para que este proxecto teña éxito, é imprescindible a colaboración de todas as familias da nosa comunidade educativa. Grazas por colaborar