Educación e ecoloxismo unen aos escolares vigueses no noso Colexio

A Campaña Mundial pola Educación en Galicia (CME) organizou hoxe  un acto no colexio Apóstol Santiago-Xesuítas Vigo no que alumnos de tres colexios de Vigo tiveron a oportunidade de participar nunha actividade conxunta de sensibilización  e de ter un encontro có alcalde da cidade, Abel Caballero. Os portavoces da CME e dos centros escolares pediron o apoio das administracións públicas na defensa da educación en todo o mundo e o compromiso coa sostebilidade ambiental do noso planeta. Este ano, o lema da campaña é DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO. E nesta liña os escolares galegos leron un manifesto no que lembraron que “a educación é a mellor ferramenta para formar a unha cidadanía consciente das causas e as consecuencias do cambio climático, e de dotala dos coñecementos, competencias e actitudes necesarias para buscar solucións”. Tamen xogaron un scrabble onde, elaborando letras de reciclaxe, xuntaron palabras vinculadas aos conceptos de Educación e Ecoloxismo. Abel Caballero, que estreaba presencia pública tras gañar as elección locais, animou aos escolares a defender o coidado de planeta e lembrou a súa etapa na mariña mercante “onde os océanos estaban limpos de plásticos. Agora non é así e todos debemos loitar por un mundo máis sostible”, dixo os case 200 alumnos reunidos no pabillón do Colexio. Os centros educativos participantes foron o San Xosé de A Guía, Miralba Xesuitinas e Apóstol Santiago – Xesuítas Vigo, con un liderzago especial da Rede da Mocidade Galega do noso centro vinculada con Entrecultuas Vigo. A Campaña Mundial pola Educación é unha coalición internacional nacida no ano 2000 e formada por ONGs, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de diversos signos que se movilizan para pedir o cumprimento íntegro dos compromisos internacionales no dereito ao acceso educación para todos os nenos e nenas do mundo. As organizacións galegas que forman parte da CME en Galicia son: Fundación Taller de Solidariedade, Fundación Entreculturas, Fundación Educación e Cooperación (Educo) e Fundación Axuda en Acción.